lunes, 20 de noviembre de 2006

Había unha vez....

Había unha vez...
Aquí comeza a historia, de como coñecín a vinte e tantos nenos e nenas e ás súas profes, o seu día a día, os seus problemas e disgustos, as súas ilusións, e as ganas de descubrir, de explorar e de curiosear un mundo que aínda están empezando a coñecer.
Teño a sorte de poder entrar nas dúas aulas dunha pequena escola unitaria,chámase "Os Ánxeles", en Brión, é unha casiña de pedra que tódalas mañás e tódalas tardes abre as súas portas coloradas de emoción, para recibir a pequenos e pequenas das casas dos arredores, os máis cativos/as teñen 3 anos, os/as maiores, 5 anos, e cada un deles está comezando ou continuando unha viaxe que os levará... quen sabe? ó mellor, algun deles ou delas, acaba como mestre ou mestra, contaxiado desta inquedanza de achegarnos tanto ó mundo dos nenos e nenas, que nos leva a espachurrar o noso nariz contra os cristais das súas escolas.
Poderei descubrir neste tempo, se efectivamente, esta escola é de "anxos" ou "diablillos".
Que empece a función.

1 comentario:

Martina dijo...

Dí­a 1
Chegeui á escola de portas encarnadas xusto na hora do conto, así­ que foi fácil atopar máis anxos que demos na aula, o conto absorvíalles a atención, "Garbancito" permitiume observalos nun estado de concentración e silencio, ainda que a miña chegada perturbou un pouco a historia, porque todos e todas quixeron saudarme.
Cando remataron o conto, chegaron, inevitablemente as preguntas, que no cí­rculo do rincón da lectura comezáronse a plantexar: Cantos anos tes?
Por que estás aquí­?
Canto tempo vas quedar?
E despois aproveitei o meu turno para preguntarlles a eles si xa sabí­an que querí­an ser de maiores, e un desfile de estereotipos comezou, as nenas mamás e profesoras, os nenos policí­as ou motoristas, ai, ai, ai... que pasa nesta sociedade, que non hai forma de cambiar determinadas ideas?
Mañá¡ voulle propoñer un conto á profe, que se chama "Vanesa non quere ser princesa", a ver si conseguimos que algún, ou algunha, transforme as súas aspiracións, xa vos contarei...