miércoles, 17 de enero de 2007

Capítulo 13.A Bruxa Patacola!!!

Estes días, ademáis dos nosos traballos diarios na escola aconteceu algo novo!!
A mestra mercou un regalo para a escola, un libro con Cd de música de "Mamá Cabra", que traballa os textos das cancións con formatos de carta, cada canción ven nun sobre con dirección a un animal distinto e dentro podes ler o texto que cantan no cd, é unha ferramenta moi útil, non só empregamos a poesía, tamén a música e o formato carta.
O caso é que falando de cartas os nenos/as contáronme que eles/as na escola escribíanlle a unha bruxa que vivía moi cerciña, alí na carballeira que hai detrás, e esta bruxa, que era unha bruxa boa, non só lles contestaba, senón que ademáis deixáballes agasallos par a escola: libros, unha silla para o encargado de día...
Pero algo estrano estaba a acontecer, porque a bruxa Patacola, había moito tempo que xa non lles escribía, así que decidimos escribirlle aquela mesma mañá.
O proceso de elaboración da carta foi lento, pero todos e todas puideron participar.
Primeiro dixeron en voz alta frases que querían escribirlle á Bruxa, a mestra foinas escribindo no encerado, cando a carta estaba redactada, a mestra dividiuna en frases que numerou e despóis encargou a cada neno e a cada nena que copiase unha daquelas frases (primeiro con lápiz, edespóis por encima con rotuladores de cores).
Cando todos remataron fomos pegando as tiras de papel, nas que cada un/unha escribiran as frases nunha cartulina grande, que decoramos entre todos/as.
E xa non nos quedaba nada máis que ir a levarlle a carta á Bruxa Patacola, cousa que eles /as sempre facían empregando un lugar na carballeira como sitio de intercambio, hai unha árbore distinta das demáis, na que os pequenos/as deixan as súas cartas e a bruxa as súas contestacións e agasallos.
O máis gracioso de todo é que despóis de deixar a carta e contar un conto, os pequenos e pequenas marchaban para casa e eu ía correndo monte a través a recoller a carta e un debuxo que lle deixaron, porque á que lle toca agora responder é a mín, que transformada na Bruxa Patacola voulles a enviar un encargo moi particular a estes nenos/as. Je, je, je...

miércoles, 10 de enero de 2007

As TIC na miña escola

  • 1.-Dotación e medios cos que conta o colexio.

    Na escola Infantil dos Ánxeles en Brión hai dúas aulas, nunha das aulas hai un ordenador portátil que neste momento está averiado, e que no tempo que eu levo de prácticas nunca lle vin utilizar á mestra nin ós nenos/as, este portátil ten un escáner e uns altavoces.
    Na outra aula hai un ordenador de mesa cun impresora e unha web-cam.
    No centro existe unha fotocopiadora averiada dende principio de curso e unha cámara de fotos dixitais.

    2.-Frecuencia de uso das TICs

    O ordenador de mesa é empregado a diario pola mestra para imprimir as fichas que ela mesma crea, empregando fotos e debuxos que ten almacenados, tamén utiliza o correo electrónico para pedir información a diferentes entidades e xestionar excursións e visitas.
    Este uso soe facelo cando non están os nenos/as na clase ou cando éstes están facendo cousas que os manteñen ocupados e ela non debe supervisar.
    Os nenos e nenas son habituales usuarios deste ordenador, xa que nos tempos de ocio ou traballo séntanse sempre de dous en dous a facer algún xogo didáctico que a profesora lles pon, normalmente usa o "clic" ou a páxina web da xunta de galicia (
    www.edu.xunta.es)

    3.-Actividades realizadas con soporte tecnolóxico.

    As fichas e os contidos que se traballan coa maleta viaxeira sempre son empregados gracias á facilidade de creación e copias que permite o ordenador, os nenos e nenas soen participar en concursos que se publican na rede ( recentemente o concurso de poñerlle nome ó polbo da páxina web da Consellería de Educación), de xeito que en pequenos grupos escriben a información que o ordenador lles pide.
    As saídas e excursións son retratadas na cámara dixital e despóis expostas no ordenador, pero esta é unha actividade que eu non tiven oportunidade de observar.
    E, por último, O programa "clic" permite elaborar actividades propias partindo de fotos que o profesor incorpore, deste xeito, esta mestra ten feitos crebacabezas con fotos dos alumnos e alumnas e das súas familias.

    4.-Experiencias personais no centro co uso das TICs

    A miña experiencia non é moi profunda polo momento, pero sí promete selo en breve, xa que estamos traballando nun proxecto educativo que probablemente terá unha parte de traballo coas novas tecnoloxías.
    Polo de agora, simplemente axudei a algún grupo de nenos e nenas a cubrir datos para o concurso do polbo, ou a iniciar as pantallas de algún xogo matemático ou de palabras.
    Desafortunadamente non puiden expoñer a miña autopresentación na aula por dous motivos fundamentais, unha que os nenos e nenas xa me coñecían previamente e outra, que o ordenador, dauquela estaba averiado.
    Exemplos de Blogs de temática Educativa
http://www.yalocin.com/blogyalocin/
Neste blog dáse un punto de encontro para mestres e mestras, profesores e profesoras que creen firmemente na aplicación das TICs e dos blogs na aula escolar, así o manifestan nun recente encontro que organizaron coa fin de unificar posturas e obxectivos (ofrecen o comunicado que alí redactaron).
Así mesmo este blog é un punto de reflexión sobre cuestións xa máis profundas no uso das TICs, como son levar un blog á aula, responsabilidades e autoridades no uso dos mesmos, experiencias con estas ferramentas..
Tamén serve como taboeiro de anuncios a eventos que relacionados coas TICs van a ter lugar (coma é o caso de Blogaut unha serie de charlas-conferencias na Casa Encendida de Madrid), sempre desde a óptica escolar, e por último ofrece unha chea de blogs, enlaces e webs que tratan o mesmo tema, dende como crear un blog ata opinións variadas de mestres e mestras que os estan a traballar nas súas suas aulas.

http://lospeces.bitacoras.com/

É un precioso blog "caseiro" no que se relatan as experiencias, saídas, xogos e excursións dunha aula de infantil, pero sobre todo se colgan fotos de todo este traballo , de cando papás e mamás foron á escola a xogar cos pequenos e pequenas, de cando foron disfrazados en antroido, dun obradoiro de sombreiros, dun proxecto sobre Picasso...

A lástima que dende marzo do 2006 non colgaran nada máis, e que non nos explicasen un pouco máis extensamente e de xeito redactado todas esas cousas tan divertidas que fixeron!.

  • Posibilidades dos blogs para o seu uso educativo.

Creo que o blog supón un espacio e un lugar para o encontro e a exposición, para o relato das anécdotas e problemas que xurden na práctrica escolar, deixando unha porta aberta ás opinións, solucións e interpretacións de quen queira leelo.

Así mesmo, creo que é unha ferramenta excelente para traballar unha nova forma de comunicación cos alumnos e alumnas que rescata a palabra, a redacción e a carta nunha forma renovada e modernizada, que permite así mesmo abrir unha fiestra ó mundo dende a escola, pola que amosar o traballo diario, pola que os nenos e nenas poidan expresar as súas experiencias, compartilas con outros nenos e nenas doutros colexios, doutros lugares, coas familias próximas e lonxanas.

Paréceme que un blog é unha especie de periódico que pode ter a publicación que se desexe, e que permite valorar, coñecer e entender o mundo (neste caso) da escola, do mesmo xeito que, recíprocamente permite ós redactores e escritores/as do mesmo experimentar as responsabilidades, as habilidades necesarias, e o orgullo de poder acceder dende calqueira lugar do mundo á súa e a outras experiencias.

Por iso é unha ferramenta con doble utilidade para mestres/as e para alumnos/as, para ler, compartir, escribir e preguntar, e para entender, opinar, propoñer e respostar.

Capítulo 12. Gorgorogó

Gorgorogó así comeza a canción de sorteo que hoxe a maleta viaxeira que Marta levou a casa, nos trouxo a todos e todas, despóis de chegar, pousar as mochilas na mesa da entrada, deixar as cazadoras e poñer os mandilóns (Jose e Gabriel tiveron que ir ó espello a abrocharse ben), sentámonos no círculo dos contos e abrimos a maleta viaxeira:
Gorgorogó
Margarita ta
No se que tienes
en la garganta.
Tragaló
No puedó
Gorgorogó
Margarita ta
Para aprendernos a letra desta canción empregamos xogos diferentes, xogamos a cambiar as vocais de gorgorogó, a cambiar os ritmos, a empregar trozos da rima como preguntas e resposta que por grupos iamos formulando, saímos en pequenos grupos diante dos compañeiros a recitala, e despóis, mandamos ós nenos e nenas á entrada mentres a profe i eu "escondíamos" a "ficha" da rima, cada ficha tiña o nome dun neno/a e só podían coller a súa si atopaban a doutro compañeiro debían deixala no seu sitio e non dicir nada.
Pareceume unha forma chula e diferente de facer un traballo tan rutinario como o de repartir as fichas, unha forma que ademáis permitiu a exploración do entorno e a identificación de nomes, incluso o traballo en orientación espacial, porque a máis de un tivemos que darlle pistas de onde se atopaba a súa ficha.
Nesta ficha a parecía a rima que lle faltaban as dúas últimas liñas, e que os rapaces/as tiñan que completar, ademáis tamén había unha foto de Marta e un espacio para que os nenos/as debuxasen algo que tivera que ver coa canción de sorteo.
A verdade é que son uns artistas e fixeron uns debuxos preciosos, Marcos tivo problemas para entender o que tiña que facer, a mestra aproveitou para amosarme a dificultade que ten de manter unha orde escribindo, non respeta as letras que van primeiro ou despóis, escribe as letras en calqueira parte do foleo sen importarlle a súa orde.
Fixemos outra proba pedíndolle que gardase barras de pegamento ordenadas nunha fila, que empezase pola esquerda e rematase na dereita, e esta tarefa sí a concluíu ben, o que me fai pesar que o problema de Marcos é específicamente coas letras, ben por non ter aínda interiorizadas as normas de escritura, ben por resultar aínda demasiado abstractas para él e non atoparlle necesidades a ese criterio de orde na escrita.
Despóis unhas ricas merendas de froitas, froitos secos, queixos e galletas e ó recreo a berrar e a xogar, hoxe os nenos/as pedían insistentemente os xoguetes que as profesoras teñen para o recreo pero que non sempre sacan, porque normalmente, xogan entre eles sen necesidade de xoguetes, pero vése que os Reis Magos tamén deixaron as súas secuelas nesta rutina, os xoguetes foron vitoreados e aplaudidos cando chegaron.

Capítulo 11. Volta ó cole

O luns que empezou o cole foi luns triple, costounos comezar o día, comezar as clases e comezar a respetar outra vez tódalas normas que hai que cumplir na aula, pero o certo é que lle collimos o ritmo deseguida.
A benvida foi de película, tódolos nenos e nenas me abrazaron e se tiraron enriba miña, que ben senta ser ben recibida!
A xornada comezou con Riciños de Ouro facendo das súas, e despóis de que case todos e todas estivesen tan atentos ó conto que mesmo repetían os acenos da mestra, comezou o turno de explicar o que nos trouxeran os Reis Magos, para a miña sorpresa descubrín que os Reis deixaran agasallos para a escola en máis dunha casa dos pequenos e pequenas, o certo é que é maravilloso comprobar o implicadas que estan as familias nesta escola, recordo un día no que non tiñamos luz na escola, facía un temporal tremendo e non parara de chover en toda a noite, así que non era estrano que a luz, coma tantas veces de fora. O curioso foi que un ratiño despóis de comezar a clase unha mamá veu cunha linterna enorme como de camping para poñela no baño, o único sitio onde non hai ventás, e que así os nenos e nenas non tivesen medo de ir a facer pis.
Bueno, o caso é que tamén puiden comprobar, para a miña decepción e tristeza, que houbo moitos xoguetes sexistas, que para nada fomentan a creatividade ou a imaxinación, e digo que me entristeceu, porque sendo familias tan implicadas na escola, este aspecto o abandonaron un pouco, son moitas as frentes que temos que librar dende as aulas, e aquí atopei unha máis que sumar a esa lista de batallas pendentes.
Tamén a mín me preguntaron que regalos tivera, díxenlles que un saco de carbón, e prometín levarlles algún dos agasaios curiosos que recibín á escola, mañá o farei.
Despóis tocou relixión, e por un acordo coa mestra marchei á outra aula, a saudar ós pequenos e pequenas da clase do lado,que foron tan efusivos como os outros na súa benvida. Sempre que cambio de aula decátome das diferencias de xestión de aula entre as dúas mestras, esta aula caótica e desordenada nunca atopa silencio o tranquilidade agás cando os nenos e nenas marchan, e hoxe non foi diferente.
Os de cinco anos traballaban desordenadamente nas mesas mentres os demáis xogaban coa mesma platilina vermella de tódolos días:-"Os reis trouxéronnos plastilina para a escola!!" dixéronme os pequenos e pequenas, non puiden deixar de preguntarme onde estaría esa plastilina nova...
Ó remate da clase a mestra convidoume a ensinarlles unha canción ó rapaces/as, así que alá me lancei eu, coa canción do poliño, que co seu baile incluído foinos levando para a porta de saída, todos e todas marcharon cantando.

lunes, 8 de enero de 2007

Capítulo 10

Na miña última semana de clase no nadal, quería ter rematado cunha sesión algo especial e distinta para os nenos e nenas da escola, pero ó final foime imposible ir o último día, así que coas ganas de despedirme no corpo, e a miña imposibilidade para achegarme á escola, andiven aragallando varias formas de poñerme en contacto cos pequenos e pequenas, e ó final optei polas novas tecnoloxías, escribinlles unha carta que lles enviei por correo electrónico, como non podía ser doutro xeito, tentei que fose unha carta rimada, en verso, coa que me despedín dos rapaces e rapazas ata a volta de vacacións, supoño que hoxe, ó regreso será especialmente emocionante, todos e todas chegarán con mil cousas que contar e, probablemente que ensinar, porque estou segura de que os Reis son moi xenerosos, de feito creo que incluso esaxerados, preocúpame o feito de que estes días estén a ser percibidos polos nenos e nenas únicamente como días absolutamente materialistas, donde o único que queren e abrir máis e mási agasallos, e acomódanse nunha dinámica de recibir, recibir e recibir, tantas cousas, que dubido sexan capaces de valorar unha por unha, nesta voráxine de xoguetes, e máis xoguetes.
Cómo vivirían os rapaces e rapazas dos Anxeles o Nadal?
Pouco me queda para descubrilo...