martes, 12 de diciembre de 2006

Capítulo 9. Descubrindo "Miniarco"

Pois efectivamente, ainda que o frío se deixa sentir, hoxe só faltaron tres nenos á escola, o que é unha boa media para estas semanas.
Hoxe o encargado cumpliu coas súas funcións, pero ó pasar lista descubrimos que non sabía o nome dunha compañeira, coa que leva 2 anos na clase!!, Ai, ai, ai...

Total, que Jose, o encargado de hoxe, chegou a tal momento de estrés por non saber o nome que acabou decindo en alto: "-Deixádemem respirar un pouco", eu non puiden evitar unha gargallada ante unha frase tan atípica nun pequeno de 5 anos.
Acabou tendo que dicirlle a propia nena o seu nome, pese as pistas dos compañeiros/as, e Jose por fín rematou cun aplauso comunal a súa labor de inicio da xornada.

Despóis abrimos a maleta viaxeira na que Tomás trouxera unha canción de sorteo dos seus pais en castelán "
"Yo tenía una mona tonta,

que era muy tonta, verdad que sí? Sí.
La mandé a por patatas
y me trajo perejil
En un rosal había una rosa
rosa con rosa
ma-ri-po-sa"

Despóis de cantala, palmeala, facela con xestos e ata rapeala, a profe entregoulles unha folla a cada un e unha coa letra do sorteo pero con ócos nos que faltaban palabras que os pequenos/as debían completar, mentres eu iba escribindo a letra que os nenos e nenas me ían dictando, a profe repartiulles papeliños coas palabras que faltaban e, entre todos e todas, fumos colocándoas.
A algúns levoulle máis tempo, sobre todo o de ma-ri-po-as, que ó estar cortado en sílabas resisitíuselle ós máis pequenos/as.

Yasim( que é así como se escribe) chegou para a hora da merenda, de novo froitas, cereáis e galletas, é unha maravilla, nada de pasteliños nin chocolates, nin trapalladas!
Él sí comeu todo o seu bocadillo e despóis saíu ó recreo con tódolos demáis.
Xusto neste momento, a profe acabou de despexar un novo rincón, o rincón do Miniarco.
Son tres libros cos que os nenos xogan con coordinación de figuras, cores e números, con consecuencias e causas, e ademáis de ser un material fácilmente manipulable, pezas de plástico en estuches de cores, ten un método autocorrector por medio de cores e figuras, inxeniosísimo.
O caso é que é unha actividade opcional, e os nenos e nenas que vaian rematando un caderno teñen dereito a unha sorpresa.
Pese a que a priori parece dificultoso e de esixir unha alta concentración, feitos que soen acompañar desánimo rápido e abandono, o xogo "engancha" e son moitos os que queren pasar por este rincón.

O malo é que este material ten varios anos, e imaxino que xa estará descatalogado, de tódolos xeitos tentarei averigüar se aínda se publica.

No hay comentarios: