martes, 12 de diciembre de 2006

Capítulo 8.Doble luns!

Despóis da enorme ponte ós nenos e nenas, mesmo ós mestres e mestras, cóstanos volver ás rutinas diarias, vése que algún andivo de perico e non durmiu moito, porque en xeral os nenos e nenas están un pouco apampados/as, pero o día pouco a pouco vai comezando e os pequenos/as espabilando!

Hoxe foi un día chulo, porque a mestra artellou unha boa como escusa para repasar os números, e as letras.
Empregando unha colección sobre animáis que está a editar " El País", na que cada número corresponde a un animal, aproveitamos para repartilos entre tódolos nenos e nenas e xogar a ordenalos e a dicir o animal que correspondía a cada número, despóis escribimos unha lista no encerado coa axuda de todos e todas que nos foron deletreando as palabras que tiñamos que poñer, a idea era que despóis eles copiasen esa lista, os de tres, os de catro e os de cinco, pero non nos deu tempo.
A mín picábame moito a curiosidade, porque a mestra pasoume uns libros de enseñar a escribir e a ler con métodos constructivistas, ademáis de interesantísimo é moi pavero, porque fala das ideas preconcebidas sobre a escritura e a lectura que teñen os pequenos/as, así falan de que existe unha etapa na que realcionan o tamaño do obxecto a escribir co tamaño da palabra, deste xeito a palabra elefante ten que ser moito máis grande que a palabra formiga, unha lóxica aplastante na que eu non dera en pensar, neste libro tamén se fala das listas, do complicado que é para os pequenos/as escribri de dereita a esquerda e entender que cada palabra vai nun renglón diferente, polo que eles e elas búscanse explicacións e solucións alternativas, de ahí a miña expectación, pero o tempo fixo que quedara aplazado para outro día...

A continuación, clase de relixión, cos que teñen alternativa fixemos dous grupos, un para pintar a silueta dunha das nenas, e outro ó ordenador, porque están a participar nun concurso da páxina web da xunta na que se propón buscarlle o nome máis simpático a un polbo, de xeito que cada alumno/a debe pasar polo ordenador a escribir o nome que propón, o seu propio e a escola dende onde participa, así o fixeron Vítor e Ainhoa, e despóis, na mesma páxina da xunta www.edu.xunta.es, fixeron varios xogos coa "Vaca Connie", xogos moi chulos, para exercitar a memoria visual e a coordinación ( atopar parellas, atopar coincidencias, crebacabezas, formar palabras, recoñecer números, etc...)

A verdade é que me quedaron ganas de "fuchicar" eu un pouco, e retomarei esa páxina en canto teña un ratiño.
Ah! e por fín mandeilles ós nenos e nenas as autorizacións para sacarlles fotos coas que poñer un pouco de cor a todas estas palabras!!!

No hay comentarios: