O luns que empezou o cole foi luns triple, costounos comezar o día, comezar as clases e comezar a respetar outra vez tódalas normas que hai que cumplir na aula, pero o certo é que lle collimos o ritmo deseguida.
A benvida foi de película, tódolos nenos e nenas me abrazaron e se tiraron enriba miña, que ben senta ser ben recibida!
A xornada comezou con Riciños de Ouro facendo das súas, e despóis de que case todos e todas estivesen tan atentos ó conto que mesmo repetían os acenos da mestra, comezou o turno de explicar o que nos trouxeran os Reis Magos, para a miña sorpresa descubrín que os Reis deixaran agasallos para a escola en máis dunha casa dos pequenos e pequenas, o certo é que é maravilloso comprobar o implicadas que estan as familias nesta escola, recordo un día no que non tiñamos luz na escola, facía un temporal tremendo e non parara de chover en toda a noite, así que non era estrano que a luz, coma tantas veces de fora. O curioso foi que un ratiño despóis de comezar a clase unha mamá veu cunha linterna enorme como de camping para poñela no baño, o único sitio onde non hai ventás, e que así os nenos e nenas non tivesen medo de ir a facer pis.
Bueno, o caso é que tamén puiden comprobar, para a miña decepción e tristeza, que houbo moitos xoguetes sexistas, que para nada fomentan a creatividade ou a imaxinación, e digo que me entristeceu, porque sendo familias tan implicadas na escola, este aspecto o abandonaron un pouco, son moitas as frentes que temos que librar dende as aulas, e aquí atopei unha máis que sumar a esa lista de batallas pendentes.
Tamén a mín me preguntaron que regalos tivera, díxenlles que un saco de carbón, e prometín levarlles algún dos agasaios curiosos que recibín á escola, mañá o farei.
Despóis tocou relixión, e por un acordo coa mestra marchei á outra aula, a saudar ós pequenos e pequenas da clase do lado,que foron tan efusivos como os outros na súa benvida. Sempre que cambio de aula decátome das diferencias de xestión de aula entre as dúas mestras, esta aula caótica e desordenada nunca atopa silencio o tranquilidade agás cando os nenos e nenas marchan, e hoxe non foi diferente.
Os de cinco anos traballaban desordenadamente nas mesas mentres os demáis xogaban coa mesma platilina vermella de tódolos días:-"Os reis trouxéronnos plastilina para a escola!!" dixéronme os pequenos e pequenas, non puiden deixar de preguntarme onde estaría esa plastilina nova...
Ó remate da clase a mestra convidoume a ensinarlles unha canción ó rapaces/as, así que alá me lancei eu, coa canción do poliño, que co seu baile incluído foinos levando para a porta de saída, todos e todas marcharon cantando.
miércoles, 10 de enero de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario