Estes días, ademáis dos nosos traballos diarios na escola aconteceu algo novo!!
A mestra mercou un regalo para a escola, un libro con Cd de música de "Mamá Cabra", que traballa os textos das cancións con formatos de carta, cada canción ven nun sobre con dirección a un animal distinto e dentro podes ler o texto que cantan no cd, é unha ferramenta moi útil, non só empregamos a poesía, tamén a música e o formato carta.
O caso é que falando de cartas os nenos/as contáronme que eles/as na escola escribíanlle a unha bruxa que vivía moi cerciña, alí na carballeira que hai detrás, e esta bruxa, que era unha bruxa boa, non só lles contestaba, senón que ademáis deixáballes agasallos par a escola: libros, unha silla para o encargado de día...
Pero algo estrano estaba a acontecer, porque a bruxa Patacola, había moito tempo que xa non lles escribía, así que decidimos escribirlle aquela mesma mañá.
O proceso de elaboración da carta foi lento, pero todos e todas puideron participar.
Primeiro dixeron en voz alta frases que querían escribirlle á Bruxa, a mestra foinas escribindo no encerado, cando a carta estaba redactada, a mestra dividiuna en frases que numerou e despóis encargou a cada neno e a cada nena que copiase unha daquelas frases (primeiro con lápiz, edespóis por encima con rotuladores de cores).
Cando todos remataron fomos pegando as tiras de papel, nas que cada un/unha escribiran as frases nunha cartulina grande, que decoramos entre todos/as.
E xa non nos quedaba nada máis que ir a levarlle a carta á Bruxa Patacola, cousa que eles /as sempre facían empregando un lugar na carballeira como sitio de intercambio, hai unha árbore distinta das demáis, na que os pequenos/as deixan as súas cartas e a bruxa as súas contestacións e agasallos.
O máis gracioso de todo é que despóis de deixar a carta e contar un conto, os pequenos e pequenas marchaban para casa e eu ía correndo monte a través a recoller a carta e un debuxo que lle deixaron, porque á que lle toca agora responder é a mín, que transformada na Bruxa Patacola voulles a enviar un encargo moi particular a estes nenos/as. Je, je, je...
No hay comentarios:
Publicar un comentario