miércoles, 10 de enero de 2007

As TIC na miña escola

  • 1.-Dotación e medios cos que conta o colexio.

    Na escola Infantil dos Ánxeles en Brión hai dúas aulas, nunha das aulas hai un ordenador portátil que neste momento está averiado, e que no tempo que eu levo de prácticas nunca lle vin utilizar á mestra nin ós nenos/as, este portátil ten un escáner e uns altavoces.
    Na outra aula hai un ordenador de mesa cun impresora e unha web-cam.
    No centro existe unha fotocopiadora averiada dende principio de curso e unha cámara de fotos dixitais.

    2.-Frecuencia de uso das TICs

    O ordenador de mesa é empregado a diario pola mestra para imprimir as fichas que ela mesma crea, empregando fotos e debuxos que ten almacenados, tamén utiliza o correo electrónico para pedir información a diferentes entidades e xestionar excursións e visitas.
    Este uso soe facelo cando non están os nenos/as na clase ou cando éstes están facendo cousas que os manteñen ocupados e ela non debe supervisar.
    Os nenos e nenas son habituales usuarios deste ordenador, xa que nos tempos de ocio ou traballo séntanse sempre de dous en dous a facer algún xogo didáctico que a profesora lles pon, normalmente usa o "clic" ou a páxina web da xunta de galicia (
    www.edu.xunta.es)

    3.-Actividades realizadas con soporte tecnolóxico.

    As fichas e os contidos que se traballan coa maleta viaxeira sempre son empregados gracias á facilidade de creación e copias que permite o ordenador, os nenos e nenas soen participar en concursos que se publican na rede ( recentemente o concurso de poñerlle nome ó polbo da páxina web da Consellería de Educación), de xeito que en pequenos grupos escriben a información que o ordenador lles pide.
    As saídas e excursións son retratadas na cámara dixital e despóis expostas no ordenador, pero esta é unha actividade que eu non tiven oportunidade de observar.
    E, por último, O programa "clic" permite elaborar actividades propias partindo de fotos que o profesor incorpore, deste xeito, esta mestra ten feitos crebacabezas con fotos dos alumnos e alumnas e das súas familias.

    4.-Experiencias personais no centro co uso das TICs

    A miña experiencia non é moi profunda polo momento, pero sí promete selo en breve, xa que estamos traballando nun proxecto educativo que probablemente terá unha parte de traballo coas novas tecnoloxías.
    Polo de agora, simplemente axudei a algún grupo de nenos e nenas a cubrir datos para o concurso do polbo, ou a iniciar as pantallas de algún xogo matemático ou de palabras.
    Desafortunadamente non puiden expoñer a miña autopresentación na aula por dous motivos fundamentais, unha que os nenos e nenas xa me coñecían previamente e outra, que o ordenador, dauquela estaba averiado.
    Exemplos de Blogs de temática Educativa
http://www.yalocin.com/blogyalocin/
Neste blog dáse un punto de encontro para mestres e mestras, profesores e profesoras que creen firmemente na aplicación das TICs e dos blogs na aula escolar, así o manifestan nun recente encontro que organizaron coa fin de unificar posturas e obxectivos (ofrecen o comunicado que alí redactaron).
Así mesmo este blog é un punto de reflexión sobre cuestións xa máis profundas no uso das TICs, como son levar un blog á aula, responsabilidades e autoridades no uso dos mesmos, experiencias con estas ferramentas..
Tamén serve como taboeiro de anuncios a eventos que relacionados coas TICs van a ter lugar (coma é o caso de Blogaut unha serie de charlas-conferencias na Casa Encendida de Madrid), sempre desde a óptica escolar, e por último ofrece unha chea de blogs, enlaces e webs que tratan o mesmo tema, dende como crear un blog ata opinións variadas de mestres e mestras que os estan a traballar nas súas suas aulas.

http://lospeces.bitacoras.com/

É un precioso blog "caseiro" no que se relatan as experiencias, saídas, xogos e excursións dunha aula de infantil, pero sobre todo se colgan fotos de todo este traballo , de cando papás e mamás foron á escola a xogar cos pequenos e pequenas, de cando foron disfrazados en antroido, dun obradoiro de sombreiros, dun proxecto sobre Picasso...

A lástima que dende marzo do 2006 non colgaran nada máis, e que non nos explicasen un pouco máis extensamente e de xeito redactado todas esas cousas tan divertidas que fixeron!.

  • Posibilidades dos blogs para o seu uso educativo.

Creo que o blog supón un espacio e un lugar para o encontro e a exposición, para o relato das anécdotas e problemas que xurden na práctrica escolar, deixando unha porta aberta ás opinións, solucións e interpretacións de quen queira leelo.

Así mesmo, creo que é unha ferramenta excelente para traballar unha nova forma de comunicación cos alumnos e alumnas que rescata a palabra, a redacción e a carta nunha forma renovada e modernizada, que permite así mesmo abrir unha fiestra ó mundo dende a escola, pola que amosar o traballo diario, pola que os nenos e nenas poidan expresar as súas experiencias, compartilas con outros nenos e nenas doutros colexios, doutros lugares, coas familias próximas e lonxanas.

Paréceme que un blog é unha especie de periódico que pode ter a publicación que se desexe, e que permite valorar, coñecer e entender o mundo (neste caso) da escola, do mesmo xeito que, recíprocamente permite ós redactores e escritores/as do mesmo experimentar as responsabilidades, as habilidades necesarias, e o orgullo de poder acceder dende calqueira lugar do mundo á súa e a outras experiencias.

Por iso é unha ferramenta con doble utilidade para mestres/as e para alumnos/as, para ler, compartir, escribir e preguntar, e para entender, opinar, propoñer e respostar.

No hay comentarios: