Onte, por fín, conseguín coñecer algo sobre como se empregan as TICs nesta escola infantil, na aula na que estou esta semana hai un portátil que estivo toda a semana pechado, ten altavoces e impresora, na outra aula o ordenador é de mesa, e ademáis conta cunha cámara web, e onte a mestra desta última aula estívome amosando un programa, co que traballan os nenos/as chámase "Clic", e é do ano 2000, a verdade é que ten moi boa pinta, porque permite traballar varias cousas: ofrece contos que se van narrando polos altavoces e ilustrando na pantalla, e despóis ofrece actividades con eses contos, puzzles, adiviñas, incluso nunha podes aprender o nome das prendas da roupa e cómo se escriben desnudando ó xigante das fabas máxicas.
Ademáis, explicoume a mestra, que este programa permite introducir o material que se queira para despóis traballar sobre él, así podes escanear os debuxos dos pequenos/as e dárlles formato de conto, ou elaborar actividades de relacionar, ou de completar con palabras coma é o caso que agora nos ocupa, xa que están a traballar a poesía, e deste xeito buscarían palabras que riman e despóis daríamoslle formato de libro ás poesías que os pequenos/as fagan.
Hoxe vaime deixar o programa e o manual, para que eu poida investigar, xa vos manterei informados...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario