Bueeeno, despois de investigar que é iso do clic, xa colguei unha dirección web no foro de novas tecnoloxías, porque me deixou sorprendida coa cantidade de ferramentas que ofrece, para os que queiran coñecela e non teñan acceso a este foro a dirección é : www.edugaliza.org
E continuando co meu cole de prácticas, pois a semana pasada foi moi breve, entre a ponte e a reunión de prácticas que tivemos co noso titor Eduardo, só puiden asistir un día á clase cos pequenos e pequenas, o martes.
Jasim xa está case de todo integrado nas rutinas escolares, aínda pon algo de resistencia á hora de poñe-lo mandilón, ou de participar en cancións e xogos nos que teña que falar, pero dibuxando, facendo puzzles, e xogando, véselle moi animado e segue o ritmo dos seus compañeiros e compañeiras.
O martes a maleta viaxeira non volveu á escola, así que a profe, trouxo un cantar para sortear que aprendimos entre todos "doce meses ten o ano, catro fases ten a lúa, dime tí cantas pedriñas ten a túa rúa".
O certo é que cada vez véxolle máis bondades e cousas positivas ó traballo coa poesía, este día puidemos coordinar as mans coa canción, contar varios números, recordar os meses do ano e coñecer as fases da lúa, despóis os pequenos e pequenas copiaron o sorteo e debuxaron algo relacionado con él, a maioría decidíuse polas fases da lúa, esto de que semellante astro medrase e encollese fascinounos.
Despóis merenda, froita, magdalenas e galletas, limpamos as mesas e saímos ó recreo chuvioso e frío que ós cativos e cativas nunca parece importar, e os nenos e nenas da clase do lado convidáronnos a bizcoito porque unha nena estaba de aniversario.
E cun bico de chocolate e migas despedinme de todos e todas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario